Buscar  
Portada 
Hemeroteca 
Opinión 
Información e Participación Cidadá 
Urbanismo 
Infraestruturas 
Mobilidade, Tráfico e Seguridade 
Medio Natural 
Cultura e Patrimonio Histórico 
Educación 
Normalización Lingüística 
Servizos Sociais e Benestar Social 
Sanidade 
Muller 
Mocidade 
Turismo, Comercio e Emprego 
Facenda e Persoal 
Deporte 
Barrios e Parroquias 
Varios 
Información e Participación Cidadá
29/07/2010
María Méndez di que os feitos demostran que o PSOE, aínda que manteña o contrairo, non quere o albergue
 

Vigo, 29 de xullo de 2010.- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, criticou hoxe o xogo que o PSOE mantén sobre o albergue tras o anuncio da concelleira de Educación reclamando a parcela do barrio de Ribadavia para unha escola infantil. Na súa opinión, queda claro que, aínda que manifeste o contrario publicamente, “o PSOE non quere que se faga o albergue, non loitou por abrir a Gota de Leite e agora non quere que se faga no barrio de Ribadavia”.

A nacionalista considera que é a única explicación para os continuos cambios de posición do PSOE. Tras o anuncio de hoxe preguntouse cantos partidos socialistas hai dentro do grupo municipal, porque se aprobaron o luns no pleno o cambio do PERI de San Roque co cambio de uso da parcela de uso sociocultural a sociocomunitario para poder ubicar nela o albergue non se entende que agora unha concelleira diga que o quere para unha dotación educativa. María Méndez indicou que o cambio de uso que se fixo neses terreos tiña como única finalidade que non houbera ningún tipo de problema para ubicar nel o centro de emerxencia.

A concelleira de Benestar Social sinalou que o concelleiro de Urbanismo e diferentes responsables do seu departamento traballaron con ela na busca duns terreos para o albergue. María Méndez detallou todo o proceso. Segundo dixo, cando se fixo imposibilidade abrir a Gota de Leite ela dirixiuse a Urbanismo e mantivo conversas co concelleiro de Urbanismo, a xerente e o xefe de planeamento para analizar as diferentes opcións. Explicou que non se atopou ningún edificio, nin ningunha parcela céntrica de propiedade municipal calificada para ese uso e, polo tanto, optouse por modificar o uso do solar do barrio de Ribadavia de socioucultural a sociocumintario. “Eso sucedeu na Xerencia de Urbanismo. Eu en todo momento estiven en contacto co concelleiro e os seus técnicos e sempre falamos desa parcela para o albergue non para outra dotación”, afirmou.

María Méndez indicou que aproveitando que se estaba tramitando a modificación puntual do PERI fíxose a modificación do uso da parcela e paralelamente Benestar Social encargou o proxecto para o centro de atención. A nacionalista reiterou que cando se aprobou provisoriamente a modificación foi cando se mantivo a xuntanza co alcalde e o concelleiro de Patrimonio e Xestión Municipal e tamén dixo que se falou en posteriores ocasións, sempre sobre o feito de que o albergue se construiría no barrio de Ribadavia. “Por iso non entendemos porque se di agora que se lle quere dar un uso educativo. Non sabemos a que está xogando o PSOE. Parece que como antes fixo o PP, non querendo abrir a Gota de Leite, queren xogar coas persoas. Estase dando un esperpento lamentable e o señor alcalde está calado”, sinalou.

A concelleira insistiu en que “a nós o único que nos preocupa é a dignidade das persoas. Ou se fai unha apertura inmediata da Gota de Leite ou inmediatamente se poñen en marcha as obras no barrio de Ribadavia, porque é a única forma de que as persoas sen teito non sigan durmindo na rúa. Non podemos agardar máis”. María Méndez respecta que o PSOE diga que tamén lle importa a xente, pero considera que coa súa actitude non o está a demostrar. “A realidade é que non lle importa, porque si lle importara permitiría a súa construción”, afirmou.

A nacionalista tamén quixo precisar que na xuntanza que ela e o alcalde mantiveron coa conselleira de Traballo e Benestar se lle presentaron os planos e o proxecto do albergue no barrio de Ribadavia, ubicación e proxecto que foi aceptada pola Xunta e para os que compromentou financiamento. “Se o alcalde non estaba dacordo con esa ubicación porque facemos ese ofrecemento á Xunta”, preguntouse. María Méndez sinala que nese encontro había varias persoas presentes que poden ratificar o que ela di.

Por outra banda, asegurou que o BNG recoñece as demandas do barrio de Ribadavia e non cuestiona que nel se constrúa unha escola infantil. Así explicou que ela mesma lle manifestou ao alcalde que existe unha parcela de 4.9000 metros cadrados na zona de Santa Rita de expropiación directa na que se podería construír esa dotación educativa e tamén outra sanitaria.

A preguntas dos xornalistas sobre si estas diferencias poderían estar motivadas porque o PSOE quixera romper o pacto de goberno, a concelleira dixo que ela non tiña esa impresión. “Ata agora o pacto funciona e estamos traballando para que a cidade saia adiante. A única disensión que temos co PSOE é o albergue, ao que non estamos dispostos a renunciar”, sinalou. Sen embargo, si recoñecu que “non podo estar feliz e contenta porque o PSOE está impedindo que podamos facer o albergue para as persoas que o precisan”.

Indicou tamén que “non sei por onde camiña o grupo socialista. A miña percepción é que o PSOE ten perdido o norte” e se decide non apoiar a construción do centro de emerxencia “demostrará polo que está apostando”. A este respecto, a nacionalista reiterou que o BNG ten un compromiso claro para dotar a Vigo dun centro de acollida para as persoas en exclusión social.

Os medios tamén preguntaron se a posición dos socialistas era debida a que se aproxima a campaña das municipais e a concelleira dixo que “nós non interpretamos as estratexias que outros. Por riba das eleccións e os votos están as persoas. Nos temos o compromiso de que as persoas sen teito teñen que ter un albergue, pero si o PSOE non quere non o terán”.

María Méndez tamén foi moi crítica coa postura que o grupo municipal do PP está mantendo neste tema. Lamentou que “dera un paso atrás”, cando inicialmente estaba disposto a apoiar o albergue en Ribadavia e sacar este tema da batalla política. A concelleira censurou que aproveitara a disensión que existe no goberno para desvincularse do seu compromiso. Sen embargo, cree que é unha mostra máis de que ao Partido Popular en realidade tampouco lle importa que a xente siga durmindo na rúa, como o foi a súa negativa a abrir a Gota de Leite, que leva un ano pechada e sen uso.

Por outra parte, a voceira nacionalista tamén respostou ás criticas que hoxe o concelleiro de Urbanismo fixo a respecto da visita que onte o tenente de alcalde fixo ao Espazo Verde de Navia, argumentando que estaba entrando nas súas competencias. María Méndez manifestou que non existe ningún tipo de intromisión, xa que “o tenente de alcalde de Vigo está no seu dereito de ir de visita a onde considere oportuno”. Dixo non entender como pode cuestionarse que o tenente de alcalde, acompañado dun deputado do BNG, visite unha obra que está executando a Xunta en Vigo. Na súa opinión, é como si se critica a visita que ela e o tenente de alcalde fixeron hai unhas semanas ao Centro de Alzeheimer, que tamén é unha dotación que depende da Xunta.

 
 
Opina sobre a nova
  Nome
 
  Email
 
  Título
 
  Opinión